salario

salario

lat salarĭu

Plural: salarios
    1. s

      Renda recibida polos traballadores a cambio da súa colaboración no proceso produtivo.

    2. salario base

      Salario estipulado nun convenio para un traballo e categoría laboral concretos.

    3. salario mínimo interprofesional

      Salario mínimo, fixado polo goberno anualmente, que ten que percibir todo traballador por conta doutro.

  1. salario social [ECON/DER ]

    Conxunto de prestacións sociais recibidas polos asalariados, principalmente mediante os sistemas da seguridade social, sen considerar a súa contribución ao proceso produtivo, pero atendendo ao conxunto de necesidades que ten o traballador e a súa familia.

Sinónimos

Palabras vecinas

salame salangana salarial salario salaz salbanda salbutamol