respirar

respirar

lat respirāre

  1. v i [BIOL/FISIOL ]

    Cumprir un ser vivo a función da respiración.

  2. v i

    Ter un momento de descanso no medio dun traballo ou dunha acción que require esforzo e atención.

  3. v i

    Recuperar o repouso e a tranquilidade despois dunha preocupación.

  4. v i

    Ter un espazo pechado comunicación directa coa atmosfera mediante unha abertura.

  5. v t

    Inhalar algo polas vías respiratorias.

Citas

  • Despois do exame respirou tranquilo
  • Este home respira con dificultade, Os peixes respiran polas branquias
  • Nesta casa respiro tranquilidade
  • O cuarto respira pola claraboia
  • Respirei ao rematar o informe
  • Respirou o aire do mar