resignación
resignación
resignar
s
f
Paciencia con que se soporta ou acepta algo sen protestar nin reaccionar en contra.
Refranes
- A máis non poder ¡que se lle ha facer!
- A máis non poder, non hai que lle facer.
- A máis non poder, o home déixase querer.
- A mal dar, paciencia e barallar.
- A mal dar, picar tabaco e fumar.
- A mal vir, botar tabaco e cuspir.
- A Non pode ser non lle hai que facer.
- Á sorte mala. paciencia. e boa cara.
- Aoque se perdan os anelos quédanse os dedos.
- Cando haxa un mal veciño, sufrito.
- Cando teñas un mal veciño, tes que sufrilo.
- Cando unha porta se peche, un cento se abren.
- Consólese o que mal ten, que un día tras doutro vén.
- Corazón forte creba a cativa sorteo
- Corran as cousas como quixer: xa pararán de correr.
- De morte é sinal o non querer sanar.
- Duro ou brando, o que vén, así hai que aturalo.
- Encoiro nacín e encoiro me vexo: nin gaño nin perdo.
- Espido nacin, espido me acho: nin perdo nin gaño.
- Hai que saber disimular o que non se pode remediar.
- Irnos pasando: aquí caíndo e alí entropezando.
- Máis vale padecer que morrer.
- Mentres que o pau vai e vén, descansa o lombo.
- Ninguén morre dúas veces.
- Non hai mal que por ben non veña.
- Non hai nubrado que dure un ano.
- O morto quere a mortalla e o vivo quere a faramalla.
- O que ha levar o demo, poñerllo á porta.
- Ó que non pode ser, non hai que lle facer.
- Onde boa ola se creba, boa tapadeira queda.
- Oso que tocou en parte, hai que roelo con arte.
- Padeza quen penas ten, que tras tempo tempo vén.
- Para calquera dó a paciencia é un remedio bo.
- Para unha dor calquera o mellor remedio é a paciencia.
- Peor é o roto có descosido.
- Pouco por uvas se me dá, cando non as hai.
- Pouco se me dá por uvas cando non hai ningunhas.
- Quen co seu mal se asaña, a si mesmo se engana.
- Quen mais non pode coa súa muller dorme.
- Quen máis non pode, co seu mal dorme / se dorme.
- Quen máis non pode, coa súa muller se deita e dorme.
- Se se gana este ano pouco, doce meses terá outro.
- Sempre hai un peor para un mellor.
- Sufre acá e gañarás alá.
- Sufre hoxe, que xa chegará mañá.
- Todo vai ben, se a morte non vén.
- Vale máis acá un mal pasar, que alá un bo penar.
- Vale máis palla que nada.
- Xa que arden os cangos, quentémonos a eles.
- ¡Ben veñas, mal, se vés soilo!
- ¡Con ben veñas, mal, se non me ves buscar / levar!
- ¡Menos mal! -dixo o que capaban.