residuo

residuo

lat residŭu

Plural: residuos
  1. s m

    Parte, en xeral sen valor, que queda dun todo logo de tirarlle unha ou máis partes.

  2. s m [IND ]

    Materia que se obtén nunha operación química xunto co produto principal ou que queda tras un tratamento industrial ou unha transformación.

  3. residuo fixo [ALIM ]

    Residuo que deixan os alimentos líquidos despois de seren evaporados en seco para eliminarlles a auga e outros produtos volátiles. OBS: Tamén se denomina extracto seco.

  4. Produto ou substancia que queda dun proceso ou material nuclear logo de lle extraer o proveito desexado, e que manifesta radioactividade.