residencia

residencia

residente

Plural: residencias
    1. s

      Acción ou feito de residir.

    2. s [DER ]

      Permanencia, máis ou menos continuada, dunha persoa nun lugar determinado para residir nel.

    3. permiso de residencia [DER ]

      Concesión oficial feita a un estranxeiro pola autoridade do país en que se atopa, para poder residir nel durante un tempo determinado.

  1. s f
    1. Lugar onde se reside.

    2. Edificio onde conviven habitualmente diferentes persoas baixo unha regulamentación común e vinculados por motivos de idade, traballo ou condición.

    3. [DER ]

      Edificio en que unha autoridade ou corporación ten o seu domicilio e exerce as súas funcións.

  2. s f [MED ]

    Período de formación dunha especialidade médica que se realiza en hospitais acreditados e que ten unha duración de entre tres e cinco anos.