remoer

remoer

re- + moer

  1. v t

    Mastigar os ruminantes por segunda vez o alimento que volve do estómago á boca. Tm abs.

  2. v t

    Mastigar moito unha cousa.

  3. v t fig

    Pensar moito en algo.

  4. v t

    Moer de novo ou moer moito.

  5. v t

    Rosmar polo baixo.

  6. v i

    Mover o carro ou outro vehículo de lado e sen avanzar para cambiar de dirección.

Sinónimos

Citas

  • As vacas remoeron herba toda a mañá, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, O boi non remoe
  • Remoe o café que quedou moi grande
  • Remóeo ben que senón vaiche facer mal.
  • Remoeu o asunto durante todo o día