reiseñor

reiseñor

occit antigo rossinhol

Plural: reiseñores
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Paseriforme de pequeno tamaño, sen dimorfismo sexual, coa plumaxe de cores pardas e arrubiadas.

  2. reiseñor común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos túrdidos, coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara e o anel ocular branco, que vive en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos.

  3. reiseñor da auga [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos sílvidos, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral branca, o peteiro fino e unha mancha linear máis clara enriba do ollo, que vive en bosques preto de zonas acuosas alimentándose de insectos e sementes.

Sinónimos