regulador -ra
regulador -ra
regular
-
adx
Que regula ou serve para regular.
-
s
m
-
Dispositivo que efectúa ou permite efectuar unha regulación.
-
[TECNOL ]
-
[AUTOM ]
Dispositivo entre a dínamo e a batería dun automóbil que regula a intensidade e a tensión da corrente eléctrica continua xerada pola dínamo en función da carga da batería.
-
[MÚS ]
Dispositivo do órgano que regula a entrada de aire nos tubos para evitar distorsións no son.
-
-
s
m
[XEN ]
Xene dun cromosoma coa función de elaborar unha proteína represora específica que bloquea o xene operador, responsable de dar a orde de elaboración dunha proteína.