aprendiz -za

aprendiz -za
Plural: aprendices Masculino: aprendiz Masculino plural: aprendices Feminino: aprendiza Feminino plural: aprendizas
  1. s

    Persoa que aprende algún oficio.

  2. s

    Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.

  3. s m [HIST ]

    Mozo que traballaba baixo a tutela dun mestre para aprender un oficio.

  4. s m [HIST ]

    Primeiro dos tres graos básicos da francmasonaría.

Refranes

  • Aprendiz de moitas ciencias, mestre de poucas sabencias.
  • Quen polo aprendiz deixa o ferreiro, gasta o ferro e perde diñeiro.
  • ¡Deus me garde de aprendiz novo e de barbeiro vello!

Palabras vecinas

apremar apremio aprender aprendiz -za aprendizaxe apresamento apresar