aprender

aprender

lat apprehendĕre ‘prender, coller’

  1. v t

    Adquirir o coñecemento de algo.

  2. v t

    Comunicar o coñecemento de algo a alguén.

Sinónimos

Citas

  • Aprendín de memoria a listaxe de teléfonos que tiñas enriba da mesa
  • Hoxe a profesora de música aprendeunos o que son as corcheas e semicorcheas

Refranes

  • A necesidade fai mestres.
  • A vellez estudiar, para morrer antes de acabar.
  • Aprende e cala, que máis erra quen máis fala.
  • Aprende por arte e irás adiante.
  • Besta vella non entra en paso.
  • Cada día que pase aprenderás algo novo.
  • Cada día vemos causas novas.
  • Ensinando é como se aprende.
  • Está a vella a morrer e inda está para aprender.
  • Está a vella morrendo e está aprendendo.
  • Máis aprende aquel que cala, que aquel que fala.
  • Máis aprende o que sabe calar, que o que moito quere falar.
  • Na casa do ferreiro todos aprenden a machacar ferro.
  • Non se sabe o que pode ensinar á muller o bailar, e ao burro o ornear.
  • Non te deitarás sen aprender unha causa máis.
  • Ó ferreiro, con barbas; e ás letras, con babas.
  • Para aprender nunca é tarde.
  • Para aprender sempre é tempo.
  • Quen moito ve, moito aprende.
  • Quen o aprendido esqueceu, pense que o non aprendeu.
  • Tódolos días se aprende algo.
  • Un día ensina a outro día.
  • Vai a vella morrendo e vai aprendendo.
  • Vai o vello morrendo e mais vai aprendendo.
Conjugar
VERBO aprender
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprendo
aprendes
aprende
aprendemos
aprendedes
aprenden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprendía
aprendías
aprendía
aprendiamos
aprendiades
aprendían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprendín
aprendiches
aprendeu
aprendemos
aprendestes
aprenderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprendera
aprenderas
aprendera
aprenderamos
aprenderades
aprenderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprenderei
aprenderás
aprenderá
aprenderemos
aprenderedes
aprenderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprendería
aprenderías
aprendería
aprenderiamos
aprenderiades
aprenderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprenda
aprendas
aprenda
aprendamos
aprendades
aprendan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprendese
aprendeses
aprendese
aprendesemos
aprendesedes
aprendesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprender
aprenderes
aprender
aprendermos
aprenderdes
aprenderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aprende
-
-
aprendede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aprender
aprenderes
aprender
aprendermos
aprenderdes
aprenderen
Xerundio aprendendo
Participio apreso/aprendido
apresa/aprendida
apresos/aprendidos
apresas/aprendidas