refrixerante

refrixerante

refrixerar

Plural: refrixerantes
  1. adx

    Que refrixera.

  2. adx [MED ]

    Que diminúe exteriormente a temperatura da pel e contribúe así á acción antitérmica doutros medicamentos.

    1. s [FÍS ]

      Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente.

    2. axente refrixerante / [QUÍM/IND ]

      Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.

  3. s m
    1. [TECNOL ]

      Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío.

    2. [QUÍM ]

      Aparato que serve para arrefriar o condensado obtido nunha montaxe de destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.

    3. [QUÍM ]

      Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, onde se condensa o vapor e se arrefría o líquido condensado.