apoxeo

apoxeo

lat apogeu

Plural: apoxeos
  1. s m [ASTRON ]

    Punto da órbita da Lúa, dun satélite artificial ou, segundo a hipótese aparente, doutro astro, que se atopa máis distante da Terra.

  2. s m

    Punto máis álxido, en canto á importancia ou desenvolvemento que acada algo.

  3. motor de apoxeo [AERON ]

    Propulsor foguete adaptado a un satélite artificial ou artefacto espacial que se pon en funcionamento cando o vehículo se atopa no apoxeo, proporcionándolle o incremento de velocidade necesaria para transferilo a unha órbita máis afastada.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

cénit, cima, clímax, cume, cúspide

Citas

  • O apoxeo dese astro foi observado por milleiros de persoas
  • O final do século XX significou o apoxeo das telecomunicacións e da informática