quechua
quechua
Plural:
quechuas
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo quechua ou á súa lingua.
-
s
[ETN ]
Individuo do pobo quechua.
-
s
m pl
[ETN ]
Pobo amerindio, de raza andina, que vivía na rexión do alto Apurimac e de Urubamba (Perú) e que foron sometidos polos incas (1430). Actualmente viven en grupos illados nos altiplanos dos Andes.
-
s
m
[LING ]
Lingua amerindia que falan os quechuas e que presenta diversos dialectos ou variedades.