preámbulo

preámbulo

lat praeambŭlu ‘que vai diante’

Plural: preámbulos
  1. s m
    1. Fórmula introdutoria dun escrito ou discurso.

    2. [POLÍT ]

      Texto que encabeza unha constitución política e que ten por obxecto presentar nel os principios fundamentais e xustificativos.

  2. s m

    Aquilo que se di, sen vir a conto, para non dicir con claridade unha cousa.

  3. s m

    Aquilo que se di ou escribe antes de empezar algo.

Confrontaciones

limiar, prólogo

Citas

  • Aquelas protestas foran o preámbulo da súa dimisión
  • Déixate de preámbulos e fala claro