limiar

limiar

lat limināre

Plural: limiares
  1. s m [ARQUIT ]

    Parte inferior ou peza que ocupa a parte inferior do oco da porta dunha casa.

  2. s m

    Lugar no que está a porta de entrada dunha casa.

  3. s m

    Texto que introduce unha obra escrita.

  4. s m

    Punto ou momento no que se inicia algo.

  5. s m
    1. [FÍS ]

      alor máximo ou mínimo dunha magnitude que, ao ser traspasada, fai cambiar as características do sistema establecido.

    2. [TECNOL/FÍS ]

      alor mínimo que debe tomar a variable de excitación ou de entrada dun sistema para producir unha resposta.

    1. s

      Límite a partir do que se percibe a sensación dun determinado estímulo. Pode variar segundo o tipo e as condicións da célula que se excita e a natureza do estímulo.

    2. limiar absoluto

      Estímulo mínimo que produce unha sensación.

    3. limiar diferencial

      Intensidade mínima na que o estímulo inicial debe variar para que haxa unha diferenza na sensación.

Sinónimos

Citas

  • Estamos no limiar dunha nova era
  • Ten un colgador no limiar