posición

posición

lat positĭōne

Plural: posicións
  1. s f
    1. Maneira de estar posta unha persoa ou unha cousa. Tm fig.

    2. Maneira de pensar ou de actuar dunha persoa respecto a algo ou a alguén.

  2. s m
    1. Lugar onde está situado un corpo, un país ou unha rexión, especialmente en relación a outros.

    2. Punto do Universo, da Terra ou dun continente en que se localiza unha estrela, un país ou unha cidade, en relación a outros.

    3. [BÉL ]

      Punto do terreo, normalmente protexido da vista do inimigo, preparado para instalar metralladoras, morteiros e en xeral armas pesadas. Tm fig.

    1. s

      Colocación que toma un enfermo, espontaneamente ou cunha finalidade determinada.

    2. s

      ariedade de presentación fetal.

    3. posición anatómica

      Posición erecta do corpo coas palmas das mans xiradas para adiante.

    4. posición xenupectoral

      Posición utilizada para certas exploracións, na que se descansa o tronco sobre o peito e os xeonllos.

  3. s f [DER ]

    Cada unha das asercións breves de feitos pertencentes a unha causa, que unha das partes formula demandando a resposta do contrario.

  4. s f
    1. Situación relativa dos sons dun acorde.

    2. Cada unha das situacións onde se coloca o dedo sobre unha corda nos instrumentos de corda das familias dos violíns e guitarras.

  5. s f

    Conxunto de condicións referentes á categoría social ou económica.

Sinónimos

Citas

  • Nesa posicion vaste cansar
  • Quedou en terceira posición
  • Son de posición social alta
  • Ten unha posición favorable con respecto ao proxecto