actitude
actitude
Plural:
actitudes
-
s
f
Postura expresiva que corresponde a unha intención ou certa disposición do ánimo.
-
s
f
[PSIC ]
Disposición continua a reaccionar cunha tonalidade afectiva, unha expresividade ou unha conduta características.
-
s
f
[SOCIOL ]
Predisposición aprendida culturalmente polo individuo segundo a que valora obxectos, individuos, colectividades, grupos e institucións.
-
s
f
[LING ]
Alicerce da identidade lingüística.
Citas
- O garda estaba nunha actitude defensiva por se aparecía o inimigo, A súa actitude ante a vida era desesperante: non tiña ilusión e mergullábase no alcol