porta

porta

lat pŏrta

Plural: portas
    1. s

      Abertura feita ou deixada expresamente na parede, nunha reixa ou nun valado, desde o chan ata unha altura conveniente, que permite entrar e saír nunha casa, cuarto ou cercado.

    2. s

      Abertura de acceso a un lugar.

    3. s

      Abertura dun forno de panadeiro, de oleiro ou de vidreiro, pola que se enforna e desenforna e a través da que se efectúan outras operacións propias dun forno.

    4. s [MAR ]

      Parte da almadraba que dá acceso ao cope e que é tapada cunha rede cando os peixes están dentro.

    5. porta carreteira

      Porta grande dunha casa de labranza que permitía o paso do carro.

    6. porta de entrada [ARQUIT ]

      Acceso principal dunha cidade ou dun edificio.

    7. porta do perdón / [ARQUIT/RELIX ]

      Porta aberta nun lateral dalgunhas catedrais, onde os fieis poden gañar indulxencias ao entrar por ela.

    8. porta falsa [CONSTR ]

      Porta situada na parte traseira ou lateral dun edificio e que non é a principal.

    9. porta santa [RELIX ]

      Porta que hai nas basílicas maiores romanas e nalgunha outra basílica da cristiandade, ao lado da porta principal, e que se abre solemnemente con ocasión do xubileu ou ano santo, na vixilia do Nadal, e se tapa solemnemente na mesma data do ano seguinte.

    10. porta triunfal [ARQUIT/ARTE ]

      Porta illada monumental, de carácter conmemorativo, en forma de arco de triunfo.

  1. s f
    1. Peza móbil, xeralmente plana, que pode ser de madeira, ferro, vidro ou outra materia sólida, e que, adaptada a unha abertura, serve para pechala ou permite o paso por ela.

    2. Peza de madeira ou doutra materia sólida destinada a tapar ou a interceptar algunha cousa.

  2. s f [DEP ]

    Espazo dun terreo de xogo en que os xogadores deben introducir o balón ou pelota para acadar un tanto.

  3. s f [XEOG ]

    Desfiladeiro longo entre montañas que permite unha pasaxe cómoda.

    1. s

      Electrodo auxiliar de certos dispositivos electrónicos semicondutores, destinado a controlar ou disparar o dispositivo.

    2. porta lóxica

      Circuíto lóxico cunha ou máis entradas e unha saída que unicamente permite o paso do sinal cara á saída se se cumpren certas condicións fixadas previamente.

    1. sistema porta

      Sistema especial de comunicación venosa entre dous órganos que se compón dunhas ramas que forman un tronco que, despois, se volve dividir en ramas terminais.

    2. vea porta

      ea que se forma no extremo do páncreas pola unión das veas mesentéricas superior e inferior coa esplénica.

Sinónimos

Citas

  • A cidade estaba ás portas do deserto
  • Estamos na porta dun novo milenio

Frases hechas

  • A porta aberta loc adv De maneira p

  • A porta cerrada/pechada loc adv De maneira secreta.

  • De portas a dentro loc adv Na intimidade.

  • Deixar unha porta aberta. Deixar unha posibilidade.

Refranes

  • A boa portada honra unha casa.
  • A cada porta, a súa dona.
  • A porta falsa destrúe a casa.
  • A porta falsa" é a que gasta a casa.
  • A porta pechada, labor mellorada.
  • A porta pechada, o demo a garda.
  • A porta por onde entrares déixaa como a topares.
  • A porta vella, caravilla nova.
  • A portas vellas, agarradallas novas.
  • A portas vellas, chamadoiros novoso
  • Abrir para que entren na leira é facer unha estragueira.
  • Cada porta pide a súa chave.
  • Cada porta quere o seu pestillo.
  • Casa con dúas portas mala é de gardar.
  • En chamando á porta, se é que non responden, ou non está ninguén ou é que se esconden.
  • Obra de portal pouco dura, se se faí mal.
  • Para a porta é a pechadura; e para o cabalo, a ferradura.
  • Pecha a porta e daca a chave: quen veña para entrar que chame.
  • Peche eu a miña porta con candado e chave: e quen viñer que chame.
  • Pola porta aberta o demo entra.
  • Por onde entrares, deixa a porta como a topares.
  • Porta aberta garda a casa.
  • ¡Vaia ao demo a chave que moitas portas abre!