polo

polo

lat polu gr πόλος

Plural: polos
  1. s m
    1. Extremo do eixe de revolución dunha esfera ou de calquera superficie de revolución.

    2. Orixe dun sistema de coordenadas polares.

    1. s

      Extremo oposto dunha célula, un órgano ou un organismo.

    2. polo animal

      Punto da superficie do cigoto máis próximo ao núcleo e que sinala un dos dous extremos de distribución gradual de substancias.

    3. polo vexetativo

      Extremo da superficie do cigoto máis afastado do núcleo e cargado de vitelina para a posterior nutrición do embrión.

    1. s

      Punto en que o eixe de rotación dun astro corta a superficie deste.

    2. polo celeste

      Punto en que o eixe de rotación da Terra corta a esfera celeste.

  2. s m [ENX ]

    Borne ou terminal dun xerador, máquina ou aparato eléctrico que, segundo a súa polaridade, pode ser positivo ou negativo.

    1. s

      Punto en que o eixe de rotación da Terra corta a superficie desta. OBS: Tamén se denomina polo terrestre.

    2. polo magnético terrestre

      Punto da esfera terrestre situado nas rexións polares ao que se dirixe de xeito natural unha agulla imantada, e onde se mantén vertical se é suspendida libremente.

  3. [MAT ]

    Punto x 0 en que unha función f(x) tende ao infinito.

  4. s m [FÍS/IND ]

    Punto de intersección do eixe instantáneo de rotación dun sólido co seu elipsoide de inercia.

  5. polo de crecemento [XEOG ]

    Área xeográfica escollida para o asentamento industrial, que ten que reunir unha serie de condicións favorables para mellorar o desenvolvemento económico da zona.

  6. polo de desenvolvemento [ECON ]

    Consideración prioritaria que se dá a certas zonas ou rexións para favorecer nelas o desenvolvemento e reducir as diferenzas entre as que teñen taxas de crecemento moi desiguais.

  7. polo de iluminación [ASTRON ]

    Punto da esfera terrestre cunhas coordenadas xeográficas que teñen os mesmos valores que as coordenadas horarias dun astro.

  8. polo magnético [FÍS ]

    Punto situado cara ao extremo dun imán, do que se pode supoñer que produce o campo magnético.

Palabras vecinas

polje* pollo polo polo polo polo polonés -sa