polbo

polbo

lat polypu gr πολύπους

Plural: polbos
  1. s m [ANIMAL ]

    Molusco octópodo da familia dos octopódidos, que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios.

  2. polbo cabezudo [ANIMAL ]

    Polbo de cor grisáceo, cunha soa ringleira de ventosas nos tentáculos e a cabeza máis grande que o común.

  3. polbo común [ANIMAL ]

    Polbo con dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos. Habita en recunchos rochosos e aliméntase de crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. O terceiro tentáculo está modificado como órgano copulador.

Formas incorrectas

pulpo

Refranes

  • O polbeiro, pouco diñeiro.