poboación
lat populatĭōne
-
-
s
[DEMOG ]
Conxunto de habitantes dun lugar.
-
s
[DEMOG ]
Colectivo de seres humanos dunha certa magnitude e xeograficamente determinado.
-
s
[ECOL ]
Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.
-
poboación activa
[DEMOG ]
Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral.
-
poboación de dereito
[DEMOG ]
Poboación residente que ten uns dereitos e deberes respecto do concello en que está censada.
-
poboación de feito
[DEMOG ]
Suma das persoas residentes presentes e das transeúntes.
-
poboación inactiva
[DEMOG ]
Parte da poboación que non exerce ningunha actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala.
-
poboación mendeliana
[XEN ]
Conxunto de individuos dunha mesma especie que se poden cruzar libremente entre eles. Constitúe un grupo de reprodución limitado polo seu medio ou polo seu sistema xenético.
-
s
[DEMOG ]
-
s
f
Lugar poboado.
-
s
f
[MAT ]
Conxunto de elementos dos que se quere estudar certas propiedades non específicas.
-
poboación de estrelas
[ASTRON ]
Clase de estrelas con características semellantes.
-
poboación en risco de enfermidade
[PAT ]
Poboación susceptible naturalmente a unha enfermidade baixo unhas condicións dadas.
Sinónimos
Confrontaciones
localidadeCitas
- A tormenta deixou incomunicadas a varias poboacións do interior