pobo

pobo

lat popŭlu

Plural: pobos
  1. s m
    1. Conxunto dos habitantes dun territorio unidos por vínculos naturais e sociais.

    2. Conxunto de individuos que pertencen a unha mesma raza, etnia, cultura ou relixión.

    3. Conxunto de habitantes dunha cidade ou vila.

    4. Xente que pertence á clase traballadora.

    1. s

      Conxunto de fieis que participan nun acto litúrxico.

    2. pobo de Deus/pobo santo

      Designación do pobo de Israel como pobo escollido por Deus e obxecto da alianza que o obrigaba a servilo con exclusión de calquera outro deus.

Confrontaciones

plebe, vulgo

Citas

  • O pobo galego manifestouse en favor da paz
  • Realizou un estudo sobre os costumes do pobo celta