plataforma

plataforma

fr plate-forme

Plural: plataformas
    1. s

      Superficie plana e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

    2. plataforma de lanzamento [COSMON ]

      Estrutura de formigón e de aceiro en que se montan os elementos dun foguete espacial e desde a que se efectúa o seu lanzamento.

    3. plataforma petrolífera [IND ]

      Estrutura que se emprega para a perforación de pozos de petróleo no mar.

  1. s f

    Superficie que nas estacións de ferrocarril se sitúa ao longo da vía destinada para que os viaxeiros poidan andar.

  2. s f

    Parte inmediata á entrada e saída de pasaxeiros, desprovista de asentos en vehículos de transporte público.

  3. s f

    Peza grosa de material lixeiro que leva a sola de determinados zapatos.

  4. s f

    Programa ou conxunto de ideas reivindicativas dun grupo político, profesional ou sindical.

  5. s f

    Asociación non estable de grupos ou partidos para a consecución duns fins compartidos.

  6. plataforma automotriz [COSMON ]

    ehículo autopropulsado que se emprega para trasladar os vehículos espaciais desde o edificio de montaxe ata a plataforma de lanzamento.

  7. plataforma continental [XEOG ]

    Superficie submarina inclinada que se estende desde a liña de costa ata os 200 m de profundidade, a partir de onde se produce unha ruptura do terreo que dá paso ás profundidades mariñas.

  8. plataforma espacial [COSMON ]

    estación espacial.

  9. plataforma estrutural [XEOG ]

    Superficie horizontal composta na parte superior por unha litoloxía de estratos de rocha dura, debido á erosión e desgaste dos materiais máis brandos das capas anteriores.

  10. plataforma xiratoria [TRANSP ]

    Peza circular que xira no interior dunha fosa, provista dunha ou máis vías na súa superficie superior, e que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora ou un vagón, dispostos sobre ela, ao facela xirar.

Citas

  • Formaron unha plataforma para a defensa da ría
  • Gañar ese premio foi a plataforma para converterse en escritor de sona
  • Levaba zapatos con plataforma
  • O profesor daba as clases desde unha plataforma

Formas incorrectas

andén