plastrón

plastrón

fr plastron

Plural: plastróns
  1. s m

    Gravata moi ancha que cobre parte do peito.

  2. s m [BÉL ]

    Peza da armadura que protexía o peito.

  3. s m [DEP ]

    Peza de coiro almofadada que en esgrima se pon no peito para amortecer os golpes do florete.

  4. s m [ZOOL ]

    Rexión ventral da cuncha dos réptiles quelonios, que presenta forma de lámina moi plana e está formada por nove placas óseas.

  5. s m [PAT ]

    Zona de induración ao redor dun foco inflamatorio.