peneireiro -ra

peneireiro -ra
Plural: peneireiros Masculino: peneireiro Masculino plural: peneireiros Feminino: peneireira Feminino plural: peneireiras
  1. s

    Persoa que fabrica ou vende peneiras.

  2. s

    Persoa que traballa coa peneira.

  3. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    lagarteiro peneireiro.

  4. peneireiro cincento [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave rapaz, da familia dos accipítridos, que ten ás longas e aguzadas, a cola curta, estreita e gallada, o dorso e a cabeza de cor gris azulada e as ás de cor gris pola parte superior e negras nas puntas. As partes inferiores son brancas, o peito grisáceo e os ollos vermellos, e aliméntase de pequenas aves, insectos, ras, lagartas e pequenos mamíferos.

Palabras vecinas

peneira peneirada peneirar peneireiro -ra peneiro peneirón penela