peneira

peneira

lat v *panarĭa

Plural: peneiras
  1. s f

    Utensilio circular, xeralmente de madeira, que está formado por unha tea, fío metálico ou chapa perforada, de buratos máis ou menos grandes, que serve para separar as partículas de diferente tamaño de fariña, xeso ou doutras materias poeirentas ou granuladas que non pasan.

  2. s f [ANIMAL ]

    Molusco gasterópodo mariño, da familia dos haliótidos, que ten a cuncha oval cuberta de nácar na parte interna, en forma de orella, e cunha liña de orificios na marxe esquerda da cuncha.

Sinónimos

Confrontaciones

criba, cribo