péndulo

péndulo

lat pendŭlu

Plural: péndulos
  1. s m [FÍS ]

    Sistema físico que está formado por un corpo material que oscila arredor dun eixe horizontal que non pasa polo seu centro de gravidade, e que se utiliza como órgano regulador dos reloxos fixos.

  2. péndulo balístico [MAT/BÉL ]

    Dispositivo que permite determinar a velocidade dun proxectil disparado contra el, a partir da desviación que sofre a causa do impacto.

  3. péndulo de torsión [FÍS ]

    Sistema que está constituído por un sólido suspendido dun fío moi delgado, que oscila arredor do eixe formado polo fío e a causa da súa torsión.

  4. péndulo eléctrico [TECNOL/FÍS ]

    Electroscopio que está constituído por unha pequena bóla de cortiza ou de sabugueiro, suspendida cun fío de seda, cuxa bóla, se se electriza, ao achegarlle un corpo electrizado será atraída ou repelida por este e poderá detectarse o signo da carga do corpo.

  5. péndulo sideral [ASTRON ]

    Reloxo maxistral que serve para sinalar o tempo dos astros nos observatorios astronómicos.

Palabras vecinas

péndula pendular pendullo péndulo pendulón pendurar pene