paso

paso

lat passu

Plural: pasos
  1. s
    1. Movemento feito cos pés ao andar.

    2. [DEP ]

      Falta en que incorre un xogador que dá máis pasos dos regulamentarios sen botar o balón en determinados deportes como o baloncesto e o balonmán.

  2. s m

    Espazo que hai dun pé a outro cando se anda.

  3. s m

    Acción de pasar dun sitio a outro.

  4. s m

    Peza horizontal da escada ou da escaleira que serve para pousar o pé ao subir ou baixar.

  5. s m

    Lugar destinado para pasar por el.

  6. s m
    1. Maneira de camiñar.

    2. Cada un dos movementos que se fan nun baile.

  7. s m
    1. Desenvolvemento notable na vida dunha persoa.

    2. [RELIX ]

      Cada un dos acontecementos principais da Paixón de Xesús Cristo que se conmemoran na Semana Santa.

    3. [RELIX ]

      Figura ou figuras que representan un destes acontecementos.

  8. s m

    Cada unha das pedras que se colocan en fileira nunha corrente de auga.

    1. s

      Cruzamento de dúas liñas de comunicación.

    2. paso a nivel

      Cruzamento dunha estrada ou dun camiño cunha vía de ferrocarril ao mesmo nivel.

  9. s m

    Impresión producida polo pé dunha persoa que camiña.

  10. s m

    Acción ou decisión importante que se fai para a resolución de algo.

    1. s

      etapa.

    2. s

      Distancia que hai entre dúas irregularidades consecutivas, especialmente dunha ferramenta, que se repiten periodicamente.

    3. paso de rosca

      Distancia entre dous puntos homólogos dun filete dun parafuso ou dunha porca, que equivale á separación entre dúas voltas consecutivas do mesmo filete e que corresponde ao avance do parafuso ou da porca nunha volta.

    4. paso diametral/transversal

      Módulo dunha roda dentada dunha engrenaxe.

    1. s

      Pasaxe de certas aves dunha rexión a outra.

    2. ave de paso/pasaxeira

      Ave que ao longo do ano se despraza, en función da dispoñibilidade de recursos desde a área de cría á de invernada, e viceversa.

Sinónimos

Citas

  • A auga borrou os pasos da area
  • A escaleira da miña casa ten moitos pasos
  • A gaivota gallada é unha ave de paso ou invernante nas costas galegas
  • A policía prohibiulles o paso aos manifestantes
  • Cobroume dous pasos do teléfono
  • Cruzamos o río polo paso
  • Do sofá á televisión hai cinco pasos
  • Eu estaba durmindo e non oín os seus pasos
  • Hoxe aprendimos dous pasos novos da muiñeira
  • O ascenso que conseguiu foi un gran paso na súa vida profesional
  • O paso de Calais comunica o canal da Mancha co mar do Norte
  • O paso do tempo fixo que comprendese a decisión de seus pais
  • O seu paso lento cánsame, Cambiou o paso para adiantalo
  • Para chegar alí seguiu os pasos que lle dixeran
  • Tes que saír do paso como sexa, O sacerdocio é un paso que tes que meditar

Frases hechas

  • 1 Aproveitando a circunstancia que se expresa. Ex: De paso que vas

  • A cada paso. Con frecuencia. Ex: Vaino visitar a cada paso.

  • A paso de boi/de tartaruga. Lentamente.

  • Dar o primeiro paso. Iniciar algo.

  • Dar un paso en falso. Equivocarse nunha acci

  • 2 Por un breve espazo de tempo. Ex: Non te

  • A dous pasos. A pouca distancia.

  • A este/ese paso. Deste xeito. Ex: A ese paso non comemos nunca.

  • A paso. A modo. Ex: Tes que ir a paso se non te queres cansar.

  • Andar en malos pasos. Estar metido en actividades pouco recomendables.

  • De paso loc adv

  • Paso a paso. Pouco a pouco.