chanzo

chanzo
Plural: chanzos
  1. s m

    Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira.

  2. s m

    Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.

  3. s m

    Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.

  4. s m

    Cada un dos diferentes niveis en que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.

Sinónimos

Citas

  • As escaleiras da casa que están a construír teñen quince chanzos
  • Cada un dos chanzos da grade leva varios dentes para remover a terra
  • Non collas esa escada que lle faltan algúns chanzos
  • O coello intentaba escapar do cazador, pero quedou atrapado nos chanzos da cancela
  • Pintaron de verde os chanzos do pavillón de deportes, Colocaron asentos de plástico nos chanzos do estadio de fútbol

Formas incorrectas

escalón, grada, graderío

Palabras vecinas

chantría chanza chanza chanzo chao! chao, chá chapa