pascual
pascual
lat paschāle
-
adx
Relativo ou pertencente á Pascua.
-
comuñón/precepto pascual
[RELIX ]
Recepción da eucaristía durante o tempo pascual, mandada polo Concilio IV de Letrán (1215).
-
misterio pascual
[RELIX ]
Actualización, por medio da celebración litúrxica, da eficacia salvadora da obra de Cristo, sobre todo a súa morte e resurrección.
-
semana pascual
[RELIX ]
Oitava semana que segue ao domingo de resurrección e continúa a festa ata o domingo denominado in albis.
-
tempo pascual
[RELIX ]
Cincuenta días que van do domingo de resurrección ata o domingo de pentecoste.
-
triduo/triduum pascual
[RELIX ]
Período litúrxico de tres días que comeza coa misa vespertina de xoves santo e remata nas vésperas de Pascua.
-
vixilia pascual
[RELIX ]
Celebración da resurrección de Cristo na noite do sábado ao domingo de Pascua.