pascua

pascua

lat v pascŭa lat pascha gr πάσχα hebreo pesa ḥ , influído por lar pascuu ‘lugar de pastos’, por alusión ao remate do xaxún

Plural: pascuas
  1. s f [RELIX ]

    Festa xudía que se celebra en conmemoración da liberación de Exipto, unida á festa dos ácimos, que se prolonga durante sete días.

  2. s f [RELIX ]

    Festa en conmemoración do nacemento de Cristo, da chegada do Espírito Santo ou da adoración dos Reis Magos.

  3. s f pl

    Período de tempo que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro.

  4. pascua de resurrección [RELIX ]

    Festa cristiá, que se corresponde á pascua xudía, en que se conmemora a morte e resurrección de Cristo, cuxa data pode variar entre o 22 de marzo e o 25 de abril. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

Citas

  • Aínda non lle levei as pascuas ao meu afillado

Frases hechas

  • Alegre/contento coma unhas pascuas. Moi contento.

  • De pascuas en flores/en ramos. De cando en vez.

  • Facerlle a un as pascuas. Enfastiar.

Refranes

  • A Pascua onde quixeres, o Antroido onda as mulleres.
  • Altas ou baixas, en abril son as Pascuas.
  • Despois de cantar ¡aleluia!, o que teña fame que a sacuda.
  • Despois de que toquen a aleluia, o que teña fame que a sacuda.
  • Pascua marzal, ano de mortandá.
  • Pascua marzal, fame, guerra ou mortandá.
  • Pascua marzal, ou para moito ben ou para moito mal.
  • Pascuas en marzo, ou fame ou mortazo.
  • Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
  • Pascuas marzais., ou famentas ou mortais.
  • Pascuas marzales, fames ou mortandades.
  • Pascuas molladas, moitas dobradas.
  • Pascuas molladas, que veñan dobradas.
  • Pola Pascua de Resurrección tres cousas non teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.
  • Tal teñas a Pascua, cal teñas a casa.

Palabras vecinas

pasaxe pasaxeiro -ra pascal pascua pascual pascuela pase