parvo -va

parvo -va

lat parvu ‘pequeno’

Plural: parvos Masculino: parvo Masculino plural: parvos Feminino: parva Feminino plural: parvas
  1. adx

    Que ten ou demostra pouca intelixencia.

  2. adx

    Que presenta atraso intelectual.

  3. adx

    Que é fácil de enganar ou que desaproveita as ocasións.

  4. adx

    Que resulta molesto ou inoportuno.

Sinónimos

Citas

  • É tan parvo que nin sabe coller o autobús, Non che deu o recado o parvo do teu veciño?
  • É tan parvo que non quixo que lle regalasen o coche, Foi un parvo ao non aceptar ese traballo
  • Foi un fallo parvo o que provocou o accidente
  • Non fagas preguntas parvas
  • Non te poñas parvo e deixa traballar á xente, Neste tempo as moscas están parvas e moito pican
  • Quedou parvo cando lle dixeron a noticia, Parecía un parvo sen saber responder ante as críticas

Frases hechas

  • Facer/Pintar o parvo. Comportarse coma un parvo.

  • Verse parvo. Levar moito traballo para realizar algo.

Formas incorrectas

tonto -ta

Refranes

  • Anque son parvo, non tanto que non saiba cantas son catro.
  • Burro sexa quen a burro protexa.
  • Burro sexa quen ser burro queira.
  • Cada día que amañece a recua dos parvos crece.
  • Do que é parvo e non o sabe, Deus teña del piedade.
  • Do que é parvo e non sabe, Deus teña piedade.
  • Este mundo non é dos parvos e mais, por iso, hainos.
  • Home papón, merece que lle canten o kirieleisón.
  • Na terra e no mar afoga o que non sabe nadar.
  • O que é burro, Deus o oi"ate.
  • O que está acolleito cando chove, é ben parvo, se se move; e, se se molla, é ben burro se se anoxa.
  • O que parvo vai á guerra, parvo volve dela.
  • Parvo é o que pensa que outro non pensa.
  • Quen aos vinte anos non casa e aos trinta non ten casa e aos corenta non é rico, ese é un borrico.
  • ¡Alá vai, alá vai o burro tras de súa nai!