par

par

lat pare ‘igual’

Plural: pares
  1. adx

    Que é divisible por dous. Tm s m.

  2. adx

    Que é igual ou moi parecido a algo. Tm s m.

    1. adx

      Aplícase ao órgano que se corresponde simetricamente con outro.

    2. par cranial

      Cada un dos doce pares de nervios que se orixinan no encéfalo e pasan á periferia polos buratos da base do cranio.

    3. par raquídeo

      Cada un dos 31 pares de nervios que parten da medula espiñal.

    1. s

      Conxunto de dúas cousas, persoas ou animais dunha mesma especie.

    2. s

      Conxunto de dúas cousas iguais destinadas a ir xuntas, que se consideran como unha unidade.

    3. s [XEOG ]

      Conxunto de dúas medidas dun mesmo ángulo consecutivas e de sentido inverso.

    4. s [COMUN ]

      Conxunto formado por dous condutores, illados e enrolados helicoidalmente entre eles, destinado a constituír un circuíto telefónico.

    5. par de estabilidade [MAR ]

      Par de forzas que nunha embarcación apartada da súa posición de equilibrio tenden a devolver a nave á posición de equilibrio.

    6. par de forzas [FÍS ]

      Sistema constituído por dúas forzas de igual módulo, paralelas, de sentido contrario e tales que as rectas de aplicación non son paralelas.

    7. par voltaico / [FÍS/QUÍM ]

      Sistema formado por dous electrodos mergullados nun electrólito capaz de producir unha forza electromotriz.

  3. s m [DEP ]

    Número de golpes establecidos no golf para facer entrar a pelota nun buraco ou para facer o percorrido do campo.

  4. s m [HIST ]

    Título de dignidade nalgúns países que varía segundo a época e o lugar. Baixo o feudalismo, eran vasalos dun mesmo soberano e estaban sometidos a deberes idénticos.

    1. par motor

      Momento de xiro que pode transmitir a árbore dun motor á árbore do mecanismo conducido á que está conectado.

    2. par resistente

      Momento que se opón ao par motor.

  5. par termoeléctrico [TECNOL/FÍS ]

    Dispositivo que está formado por un par de condutores diferentes unidos por un extremo e baseado no efecto termoeléctrico.

Confrontaciones

parella

Citas

  • A súa amabilidade non ten par
  • Bótame un par de patacas, Espérame un par de minutos, que agora baixo
  • Oito e trinta son números pares
  • parahelio
  • parahelio
  • parahidróxeno
  • Quedou a falar cun par de amigos, Onte na feira comprou un par de bois
  • Xa vas precisando un novo par de zapatos, Regaloulle un par de pendentes e un par de calcetíns

Frases hechas

  • De par en par. Aberto por completo. Ex: Abriu a vent

  • 2 Apl

  • A pares. De dous en dous.