parella

parella

parello

Plural: parellas
    1. s

      Conxunto de dúas cousas, persoas ou animais que se asocian por algún motivo.

    2. s

      Cada unha das cousas, persoas ou animais que forman parte dese conxunto, en relación coa outra.

    3. s

      Cada unha das persoas que manteñen unha relación amorosa, en oposición á outra.

    4. parella de feito

      Parella constituída fóra do matrimonio pola unión libre de dúas persoas.

  1. s f [XOGO ]

    Reunión de dúas cartas ou dados do mesmo valor.

  2. s f [MAR ]

    Conxunto de dúas barcas que traballan co mesmo aparello de arrastre.

  3. s f
    1. Conxunto que só consta de dous elementos.

    2. Cada un dos elementos dun produto cartesiano de dous conxuntos.

Citas

  • Contrataron unha parella de pallasos para a festa, Acaba de pasar pola chousa unha parella de cazadores, Une cada palabra coa súa parella
  • Foi á cea coa súa parella
  • Mercamos unha parella de bois na feira, Teu irmán e miña irmá fan unha boa parella, Cantos fillos tes? -Dous, a parella
  • Perdín a parella desta luva, A súa parella de baile está lesionada