paquete

paquete

fr paquet

Plural: paquetes
  1. s m

    ulto grande ou conxunto de cousas agrupadas e envoltas xuntas.

  2. s m

    Envoltorio dunha ou varias cousas de pequeno tamaño.

  3. s m

    Conxunto de medidas ou determinacións tomadas para levar a cabo algunha cousa.

  4. s m [GRÁF ]

    Parte dunha composición tipográfica que contén cerca de mil letras.

  5. s m [INFORM ]

    Grupo de programas que actúan conxuntamente.

  6. s m col

    Persoa que viaxa no asento traseiro dunha motocicleta.

  7. s m col

    Persoa torpe ou molesta.

  8. s m col

    Avultamento que forman os órganos xenitais masculinos.

  9. s m col

    Sanción imposta por infrinxir unhas normas ou a lei.

  10. paquete de ondas [FÍS ]

    Superposición de ondas monocromáticas nunha rexión finita do espazo.

Citas

  • Deixou o paquete de cigarros enriba da mesa, Levaba no bolso varios paquetes de caramelos de menta
  • O goberno preparou un paquete de medidas sociais e económicas
  • Preparou varios paquetes de regalos para os netos