papuxa
papo
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave insectívora paseriforme, do xénero Sylvia, da familia dos muscicápidos, que presenta pequeno tamaño e vive en zonas de mato ou de vexetación baixa.
-
papuxa apardada
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten a plumaxe do dorso, das ás e da cola pardas, e o peito de cor clara.
-
papuxa cabecinegra
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten a plumaxe da cabeza negra nos machos, e o ventre branco, un anel vermello arredor do ollo e a cola longa e negra.
-
papuxa común
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta nos machos a plumaxe da cabeza de cor cinsenta e un anel ocular.
-
papuxa das amoras
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta un curuto de cor negra nos machos e pardo nas femias, e o resto da cabeza e as partes superiores de cor cinsenta ou olivácea.
-
papuxa montesa
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que presenta unha cola moi longa e negra nos machos e un anel ocular de cor vermella.
-
papuxa paporrubia
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave paseriforme, da familia dos muscicápidos, que ten un anel ocular arrubiado e a plumaxe superior cinsenta.