palmeira
palma
-
s
f
[PLANTA ]
Planta da familia das arecáceas, que consta dun tronco ou estípite simple e esvelto, coroado por un penacho de follas grandes pinnatisectas ou palmatisectas.
-
palmeira anana
[PLANTA ]
Árbore da familia das arecáceas, normalmente baixa, que presenta follas en forma de abano, pecíolos provistos de espiñas ferintes, flores en acios e froitos semellantes aos dátiles.
-
palmeira datileira
[PLANTA ]
Árbore dioica, da familia das arecáceas, que presenta tronco fino, follas pinnadas, glaucas e de pecíolo con espiñas amareladas, flores dispostas en réxime e froitos (dátiles) que son bagas monospermas e comestibles.
-
palmeira de Canarias
[PLANTA ]
Árbore dioica, da familia das arecáceas, que presenta tronco groso, follas pinnadas dun verde escuro brillante, moi numerosas e de pecíolo moi curto, flores dispostas en réxime e froitos elipsoidais en baga monosperma.