palma

palma

lat palma

Plural: palmas
  1. s f
    1. [PLANTA ]

      Antigo nome da familia das arecáceas.

    2. [PLANTA ]

      Planta da familia das arecáceas.

    3. [BOT ]

      Folla de palmeira, moi grande, pinnatisecta ou palmatisecta e cun pecíolo ou raque robusto.

  2. s f [ETN/RELIX ]

    Folla de palmeira traballada coa arte da cestaría que se emprega, xunto ás pólas da oliveira e do loureiro, na bendición litúrxica dos ramos do domingo de Ramos.

  3. s f [HIST ]

    Folla de palmeira considerada símbolo de triunfo ou martirio.

  4. s f [ANAT ]

    Parte flexora da man, comprendida entre os dedos e o pulso.

  5. s f pl

    Acción de golpear as mans, unha contra a outra, ao aplaudir ou ao seguir un compás.

Confrontaciones

palmada