palla

palla

lat palĕa

Plural: pallas
  1. s f
    1. Talo do trigo, do orxo e doutras gramíneas, seco e separado do gran.

    2. Conxunto de talos de gramínea despois de batelos.

  2. s f

    Cana, de aproximadamente un palmo de longo, que se usa para chuchar bebidas.

  3. s f

    Aquilo que resulta superfluo ou de pouca importancia nalgunha cousa.

  4. s f col

    Acción de masturbar ou masturbarse.

  5. palla real [PLANTA ]

    Planta, da familia das esparganiáceas, que presenta rizomas reptantes, follas planas e longas que envaíñan o talo e flores amarelas (masculinas) e acastañadas (femininas).

Citas

  • Bebeu o refresco por unha palla
  • Colocou as mazás nunha cama de palla
  • Subliña o importante do texto, a palla podes riscala
  • Uns mallaban o centeo e outros ataban a palla, Recolleron o millo e deixaron a palla

Frases hechas

  • Estar nas pallas. Ser moi pobre.

  • Non lle caber unha palla polo cu. Estar moi orgulloso e fachendoso.

  • Non mover unha palla. Non facer nada.

Refranes

  • De palleiro que se queima faíscas saen.
  • Palla triga fai medida.