palio

palio

lat pallĭu

Plural: palios
  1. s m

    Manto de forma rectangular que se levaba sobre a túnica na antiga Roma.

  2. s m
    1. Insignia pontifical que consiste nunha banda circular branca, ornada con catro ou seis cruces, que o papa e algúns arcebispos que teñen o privilexio de levala poñen arredor dos ombros.

    2. Dosel sostido por catro ou máis varas longas para acubillar nas procesións ao sacerdote que leva a custodia ou ao bispo na entrada ás igrexas ou aos lugares da súa xurisdición. OBS: Tamén se denonina baldaquino.

    3. Frontal de tea bordada. OBS: Tamén se denonina antipendio.

    4. Cuberta que se porta por riba de varas sobre un obxecto sagrado ou un personaxe elevado, en sinal de honra.

  3. s m [ANAT ]

    Córtex cerebral e substancia branca subxacente.