palabra

palabra

lat parabŏla

Plural: palabras
    1. s

      Elemento lingüístico significativo composto por un ou máis fonemas que ten unha función sintáctica e semántica estable.

    2. s

      Representación gráfica dos fonemas que constitúen unha palabra.

    3. palabra composta

      Palabra que está formada por máis dun lexema.

    4. palabra derivada

      Palabra formada por adición, supresión ou intercambio de sufixos.

    5. palabra invariable

      Palabra que non posúe variacións flexivas.

    6. palabra primitiva

      Palabra que non deriva doutra da mesma lingua.

    7. palabra simple

      Palabra que está formada por un só lexema.

  1. s f
    1. Facultade de falar.

    2. Dereito a falar nunha reunión ou asemblea.

    3. Capacidade de expresarse de maneira oral.

  2. s f

    Promesa que se fai sobre a propia honra respecto á veracidade do que se di.

  3. s f [TECNOL ]

    Grupo de elementos, de caracteres, de posición de memoria ou de bits que constitúen unha entidade que se caracteriza pola súa dirección ou referencia de posición e susceptible de ser tratada nunha soa operación.

  4. s f pl

    Ditos infundados que non se axustan a ningunha realidade.

  5. s f pl

    Fragmento ou pasaxe dun autor ou dun escrito.

  6. palabra clave

    Palabra que serve para caracterizar o contexto en que sae.

  7. palabra de Deus

    Maneira con que Deus se comunicou na Creación, na historia e na manifestación persoal, que para os cristiáns é Xesús Cristo

Citas

  • A palabra home escríbese con h
  • Ao recibir o premio pronunciou unhas palabras de agradecemento
  • Douche a miña palabra de que o incidente non foi como cho contaron, Eu non fun, palabra
  • En palabras de Castelao, en Galicia non se pide nada, emígrase
  • Non creas o que che din, que non son máis ca palabras
  • Non lle dirixiu a palabra en todo o día
  • O representante da oposición pediu a palabra
  • Ten o don da palabra, Coa enfermidade perdeu o uso da palabra

Frases hechas

  • 2 loc adv Que cumpre as s

  • Palabra por palabra. Ao p

  • Palabras maiores. Cousas moi importantes.

  • 2 Beber alcohol nun local p

  • De palabra 1 loc adv Indica que se transmite mediante a expresi

  • Deixar coa palabra na boca. Marchar e non escoitar o que outra persoa vai dicir.

  • Dirixirlle a palabra. Falarlle a algu

  • Medias palabras. Aquilo que non se di claramente, sen

  • Medir as palabras. Falar con prudencia.

  • Mollar a palabra 1 Facer unha pausa para beber un pouco de l

  • Non dar/dicir palabra. Non falar nada.

  • Quitar/Sacar a(s) palabra(s) da boca. Anticiparse algu

  • Ter palabras de santo e unllas de gato. Amosarse algu

  • Ter unhas palabras. Dicirse cousas desagradables d

Refranes

  • Cales palabras me dis, tal corazón me pos.
  • Palabra de boca, pedra de fonda.
  • Palabra dita non pode ser recollida.

Palabras vecinas

paiute paixón pala palabra palacete palaciano -na palacio