paixón
lat passĭōne
- 
        
                    s                  
  
        
                    f                  
  
  
  
  
        - 
              
              
              
              
                                                
                                Expresión emotiva moi forte e de grande intensidade que perturba o ánimo e a razón. 
- 
              
              
              
              
                                                    [RELIX                          ]
                                  
                                Sufrimento de Xesús antes de morrer. 
- 
              
              
              
              
                                                    [RELIX                          ]
                                  
                                Parte dos evanxeos onde se narran os últimos días da vida de Xesús Cristo. 
- 
              
              
              
              
                                                    [MÚS                          ]
                                  
                                Composición musical sobre a narración evanxélica dos últimos días de Xesús Cristo, que se practicou cantada en canto plano e dedicada ao culto na Idade Media. 
 
- 
              
              
              
              
                                                
                                
- 
        
                    s                  
  
        
                    f                  
  
  
  
  
        - 
              
              
              
              
                                                    [FILOS                          ]
                                  
                                Categoría aristotélica, contraposta á acción, que expresa o estado dun ente afectado pola acción doutro. 
- 
              
              
              
              
                                                    [PSIC/FILOS                          ]
                                  
                                Afección ou modificación do suxeito psíquico que se caracteriza por tal polarización da afectividade nun único sentimento que deixa debilitadas ou anuladas a capacidade de xuízo e a vontade. 
- 
              
              
              
              
                                                    [PSIC                          ]
                                  
                                Emoción ou sentimento moi forte. 
- 
              
              
              
              
                                                    [PSIC                          ]
                                  
                                Tendencia ou emoción sexual intensa, fortemente arraigada. 
 
- 
              
              
              
              
                                                    [FILOS                          ]
                                  
                                
- 
        
                    s                  
  
        
                    f                  
  
  
  
                [RELIX              ]
          
                    Celebración litúrxica conmemorativa da Paixón e Morte de Xesús Cristo durante a Semana Santa, inaugurada o domingo de ramos ou da paixón do Señor, e que culmina o Venres Santo, día da Paixón e Morte do Señor. 
Refranes
- A moita paixón non agarda razón.
- As túas festas, rapaz, non che me son nada boas; porque, cando ti mas fas, todo o corpo me afervoas.
- Home apaixonado non quere ser aconsellado.
