paínzo

paínzo

lat panīcĭu

Plural: paínzos
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das poáceas, que presenta talo robusto, follas lineais amplas e verdes, cunha lígula de pelos e cunha inflorescencia en panícula grosa e espiciforme.

  2. s m [PLANTA ]

    millo miúdo.

  3. s m [BOT ]

    Froito da herbácea Setaria italica, que se emprega na alimentación das aves.

  4. paínzo negro [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das poáceas, que presenta as follas lanceoladas e a inflorescencia densa e cilíndrica.

Palabras vecinas

paíño painoso paínza paínzo paio paiolo -la pairar