ostra
lat ostrĕa
-
s
f
[ANIMAL ]
Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que ten a cuncha bivalva, irregular e áspera con liñas de crecemento laminar por fóra e lisa e anacarada por dentro. Habita nas costas de todos os mares europeos e soporta perfectamente os cambios de salinidade provocados polas mareas.
-
ostra do can
[ANIMAL ]
Molusco lamelibranquio, da familia dos anómidos, que presenta a cuncha amarela ou avermellada, fráxil, cun buraco na valva inferior que é plana, e tres cicatrices nunha cuncha superior abombada, que corresponden aos músculos adutores. Vive en substratos duros e sobre outras cunchas.
-
ostra perlífera
[ANIMAL ]
Ostra que contén no seu interior perla e nácara. Destaca a <i>Meleagrina margaritifera</i> que se pode localizar en augas do golfo Pérsico e no Índico.
-
ostra portuguesa
[ANIMAL ]
Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que presenta unha cuncha sólida coa parte superior plana, sen dentes na charneira e de cor branca ou crema con manchas púrpuras.