botón

botón
  1. m [BOT ]

    Abrocho que aparece nos vexetais.

  2. m [BOT ]

    Flor que aínda non estendeu a corola.

  3. m

    Peza que se cose e serve, pasándoa por un ollal, para unir o bordo en que vai cosida.

  4. m [TECNOL ]

    Peza móbil que se pulsa co obxecto de accionar un mecanismo.

  5. m [ANIMAL ]

    ostra portuguesa.

  6. m [ARTE ]

    Motivo ornamental de forma circular.

  7. m [DEP ]

    Bóla ou chapa de ferro que se pon na punta da espada ou do florete de esgrima para evitar que fira a estocada.

  8. m [MÚS ]

    Peza circular que sostén o cordal dos instrumentos cordófonos que constitúen un grupo dentro da familia dos laúdes.

  9. botón de Oriente [PAT ]

    Afección endémica en moitos países de Oriente Próximo, que se caracteriza pola aparición nas partes descubertas do corpo dunha ou máis pápulas vermellas.

  10. botón de ouro [PLANTA ]

    Ranúnculo de flores con pétalos.

  11. botón terminal ou sináptico [FISIOL ]

    Rexión presináptica do axón, contigua ao soma, a unha dendrita ou ao axón doutra neurona.

  12. botóns de puño [TÉXT ]

    Xogo de botóns dobres que abrochan os puños das camisas.