óso

óso

< lat v *ŏssu

Plural: ósos
    1. s

      Tecido conectivo, de notable elasticidade e gran dureza, que nos vertebrados efectúa unha función de sostemento do corpo, de protección dalgúns órganos e de posibilitar o movemento. Consta de corpo ou diáfise e de dous extremos ou epífises.

    2. óso frontal

      Óso que forma a parte anterior e superior do cranio.

  1. s m pl

    Restos mortais.

  2. s m p ext

    Partes duras de certos animais, como a placa calcaria que ten dentro a xiba.

Citas

  • Botoulle un óso da soá ao caldo
  • Esa materia é un óso para a maioría dos alumnos
  • Meu avó fíxome un peite de óso
  • Nesa fosa común descansan os ósos de moitos soldados republicanos
  • O novo profesor de inglés é un óso, non hai quen aprobe con el