oso

oso

< lat v *ŏssu

Plural: osos
    1. s

      Mamífero carnívoro, da familia dos úrsidos, do xénero <i>Ailuropoda, Helarctos, Selenarctos, Mulursus, Thalarctos, Tremarctos e Ursus, </i>que se caracteriza por ter tamaño considerable, corpo moi corpulento e locomoción plantígrada.

    2. oso branco/ polar [Thalarctos maritimus]

      Úrsido de poderosas uñas e pelame longo e espeso, moi branco nos novos e amarelado nos adultos. Habita por riba do paralelo 55 N e aliméntase de peixes, moluscos, crustáceos, focas, raposos e pequenos carnívoros.

    3. oso pardo [Ursus arctos]

      Úrsido moi robusto, de pelame moi denso e de cor tostada, de alimentación omnívora, que realiza a hibernación en covas de difícil acceso.

  1. oso formigueiro [ANIMAL ]

    Mamífero desdentado, da orde dos xenartros, pertencente á familia dos mirmecofáxidos e caracterizado por ter o corpo cuberto de pelo moi espeso, uñas poderosas, rabo moi longo e fociño prolongado, que se nutre de formigas e outros insectos.

  2. oso mariño [ANIMAL ]

    Mamífero mariño, da subfamilia dos arctocefalinos, pertencente á familia otárida, que presenta unha densa pelaxe inferior e usa as aletas dianteiras como propulsoras. Aliméntase basicamente de peixe.

  3. oso panda [ANIMAL ]

    panda.

Citas

  • Botoulle un óso da soá ao caldo
  • Esa materia é un óso para a maioría dos alumnos
  • Meu avó fíxome un peite de óso
  • Nesa fosa común descansan os ósos de moitos soldados republicanos
  • O novo profesor de inglés é un óso, non hai quen aprobe con el

Refranes

  • Cando un can traga un óso, confía no seu pescozo.
  • O óso e a carne dóense do seu sangue.
  • O que envía un óso ten confianza no seu pescoZO.