organización

organización

organizar

Plural: organizacións
  1. s f

    Acción e efecto de organizar ou organizarse.

  2. s f

    Maneira de estar disposto algo.

  3. s f

    Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.

  4. organización administrativa [DER ]

    Conxunto de órganos e dependencias en que se estruturan as administracións públicas.

  5. organización científica do traballo [IND ]

    Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, baseadas na análise, avaliación e asignación do traballo.

  6. organización do espazo [XEOG ]

    Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, sexa espazo urbano, espazo rural, infraestrutura ou parque.

  7. organización formal [SOCIOL ]

    Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son impersoais e indirectas, e o papel de cada individuo escóllese segundo a súa eficiencia e efectividade.

  8. organización industrial [ECON ]

    Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa, para conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.

  9. organización social [SOCIOL ]

    Entidade específica que denota unha situación estruturada de funcionamento e unha interrelación entre os seus compoñentes, que posúen características que non se manifestan fóra desta unidade.

  10. organización territorial [DER ]

    Conxunto de entes públicos territoriais en que se estrutura un estado ou unha comunidade autónoma.

  11. organización xudicial [DER ]

    Constitución xerárquica dos poderes públicos encargados da administración de xustiza, que determina as súas atribucións e os límites en que poden exercer a súa autoridade.

Confrontaciones

disposición

Citas

  • A organización dalgúns vexetais é bastante complexa
  • A organización do partido da oposición sufriu grandes cambios tras o fracaso electoral
  • A organización obreira decidiu desconvocar a folga xeral