nutación
nutación
lat nutatĭōne
-
s
f
[ASTRON ]
Movemento de oscilación do eixe da Terra que se sobrepón ao movemento de precesión, que é o que orixina que cada un dos polos do eixe da terra describan, sobre a esfera celeste, unha liña circular arredor do polo da elíptica.
-
s
f
[BOT ]
Cambio espontáneo e rítmico da posición dun órgano vexetal, que é causado polo crecemento desigual e alternante dos seus dous lados.
-
s
f
[FÍS ]
Movemento harmónico, en xeral de forma elíptica, que describe o eixe de xiro arredor da súa traxectoria mediana de precesión, nun corpo en rotación.
-
s
m
[MED ]
Acurtamento do promontorio na sínfise púbica, por rotación do sacre arredor dun eixe que pasa polo segundo tubérculo conxugado.
-
s
f
[PAT ]
Oscilación da cabeza, propia do tremor senil.