nupe

nupe
Plural: nupes
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo nupe.

  2. s [ETN ]

    Individuo do pobo nupe.

  3. s m pl [ETN ]

    Antigo pobo de tipo feudal do centro de Nixeria, que está situado entre o río Níxer e Kaduna. Ten unha sociedade moi xerarquizada e, aínda que na maioría son musulmáns, seguen prácticas pagás.

  4. s m [LING ]

    Lingua kwa que fala o pobo nupe.